A ministra Báñez pídelle axuda á virxe do Rocío para saír da crise. Despois de encomendarse á imaxe este mércores, declarou que a virxe ”nos ha hecho un regalo en nuestra salida de la crisis y en la búsqueda del bienestar todos los días de los ciudadanos”
Fálase
Esperanza Aguirre quere reducir á metade o número de deputados da Asemblea de Madrid, de 129 a 65
Libération dedica a súa portada, en cambio, ao debate aberto en Francia, a tres días da primeira volta das eleccións lexislativa, sobre a legalización do cánnabis. A ministra de Vivenda, a ecoloxista Cécile Duflot, declarou a súa postura favorable á despenalización, ao que se opón Hollande. O debate gañou en intensidade cando a dereita cualificou os socialistas de "desastre moral", mentres que outras voces, coma a do eurodeputado Daniel Cohn Bendit, reclamaron a apertura do debate e recoñeceu que fuma marihuana con frecuencia
España segue sendo a protagonista das portas da prensa europea. The Guardian titula: "Salven os nosos bancos ou rachen o euro, di España". De igual xeito, The Independent salienta: "Europa dividada, mentres o tempo se acaba para España". Le Monde afirma: "Para salvar España Europa dispara os seus fondos de rescate"
Só unha empresa opta a organizar a feira taurina da Coruña, que se celebrará, finalmente. Trátase de Eventauro SL, que xestiona unhas 40 prazas en España
O 7 de xuño de 1809 comezou a batalla de Ponte Sampaio contra o exército do mariscal Ney, que dous días máis tarde tivo que retirarse
O Financial Times abre a súa edición neste momento afirmando que a UE baralla unha fórmula de "rescate limitado" para España. Trataríase dunha inxección de varias decenas de miles de millóns de euros nas entidades financeiras a través do FROB e a cambio dunhas imposición "limitadas", que pasarían por unha aceleración da reforma financeira e unha meirande supervisión exterior
A Fiscalía Anticorrupción investiga a Bankia por suposta estafa e falsidade, obrigada pola presentación de distintas accións penais por parte de particulares e a súa admisión a trámite polo xulgado de instrución número 21
O PP 'resucita' a proposición enviada en 2008 polas Cortes Valencianas ao Congreso para prohibir por lei que nos recintos deportivos se produzan actos "constitutivos de ofensas ou aldraxes de palabra, por escrito ou de feito a España, ás súas comunidades autónomas ou aos seus símbolos e emblemas". Debaterase o vindeiro martes. En Público.
O embaixador do Xapón en España admite que o proxecto da multinacional Mitsubishi para construír baterías de litio, en principio previsto para o entorno de Vigo, está "vivo" pero parado a causa da conxuntura económica. En El País.