O Financial Times abre a súa edición neste momento afirmando que a UE baralla unha fórmula de "rescate limitado" para España. Trataríase dunha inxección de varias decenas de miles de millóns de euros nas entidades financeiras a través do FROB e a cambio dunhas imposición "limitadas", que pasarían por unha aceleración da reforma financeira e unha meirande supervisión exterior
Fálase
A Fiscalía Anticorrupción investiga a Bankia por suposta estafa e falsidade, obrigada pola presentación de distintas accións penais por parte de particulares e a súa admisión a trámite polo xulgado de instrución número 21
O PP 'resucita' a proposición enviada en 2008 polas Cortes Valencianas ao Congreso para prohibir por lei que nos recintos deportivos se produzan actos "constitutivos de ofensas ou aldraxes de palabra, por escrito ou de feito a España, ás súas comunidades autónomas ou aos seus símbolos e emblemas". Debaterase o vindeiro martes. En Público.
O embaixador do Xapón en España admite que o proxecto da multinacional Mitsubishi para construír baterías de litio, en principio previsto para o entorno de Vigo, está "vivo" pero parado a causa da conxuntura económica. En El País.
A Xunta xa ten un borrador do calendario do vindeiro curso escolar. En Infantil e Primaria o curso comezará o 12 de setembro, mentres que en Secundaria faríao o 14 do mesmo mes. As clases rematarían o 21 de xuño.
O Celta anuncia a renovación de Joan Tomás, De Lucas e David Catalá. Nos dous primeiros casos amplían o contrato por un ano con opción a outro, e no do central por unha campaña máis.
A Fiscalía Anticorrupción abre dilixencias de investigación sobre Bankia para averiguar o sucedido na fusión e na súa posterior saída a Bolsa.
Dimite en pleno o PP de Monterroso por discrepancias coa dirección provincial que dirixe o voceiro dos conservadores no Senado, José Manuel Barreiro. En El Progreso.
A Federación Española de Patinaxe confirma a sanción ao Liceo. O Comité de Disciplina da CERS impide o equipo coruñés, actual campión de Europa, disputar competicións europeas durante a vindeira tempada. O club verde e branco xa anunciou que recorrerá, podendo chegar incluso á xustiza ordinaria.
Hollande adianta dous anos a idade de xubilación en Francia e bota abaixo a reforma das pensións realizada por Sarkozy. O novo presidente francés aproba esta decisión a catro días da primeira volta das eleccións lexislativas. A partir de agora os franceses que cotizaran 41 anos poderán xubilarse aos 60.