O Celta anuncia a renovación de Joan Tomás, De Lucas e David Catalá. Nos dous primeiros casos amplían o contrato por un ano con opción a outro, e no do central por unha campaña máis.
Fálase
A Fiscalía Anticorrupción abre dilixencias de investigación sobre Bankia para averiguar o sucedido na fusión e na súa posterior saída a Bolsa.
Dimite en pleno o PP de Monterroso por discrepancias coa dirección provincial que dirixe o voceiro dos conservadores no Senado, José Manuel Barreiro. En El Progreso.
A Federación Española de Patinaxe confirma a sanción ao Liceo. O Comité de Disciplina da CERS impide o equipo coruñés, actual campión de Europa, disputar competicións europeas durante a vindeira tempada. O club verde e branco xa anunciou que recorrerá, podendo chegar incluso á xustiza ordinaria.
Hollande adianta dous anos a idade de xubilación en Francia e bota abaixo a reforma das pensións realizada por Sarkozy. O novo presidente francés aproba esta decisión a catro días da primeira volta das eleccións lexislativas. A partir de agora os franceses que cotizaran 41 anos poderán xubilarse aos 60.
Morre Ray Bradbury aos 91 anos de idade. Autor de Crónicas Marcianas ou Farenheit 451, vén de falecer en Los Ángeles
O blog Carta Xeométrica analiza polo miúdo o debate parlamentario sobre a prohibición de que as matemáticas se impartan en galego nos centros de ensino, que Praza publicou hai unhas semanas
Vigo acolle esta tarde unha mesa redonda sobre empresas e a oportunidade das linguas, dentro da progamación do festival Émundial, co obxectivo de demostrar que o galego é unha oportunidade no ámbito empresarial. No acto, que comezará ás 18.30 na Casa Galega da Cultura, intervirán José Ramom Pichel (imaxin|software), Nachy López (GlobalNovaTrade) e Sandra Teixeira de Faría (Asociación de Profesores de Lengua Portuguesa en España).
Nove de cada dez españois valoran a situación económica como mala ou moi mala, segundo o barómetro do CIS, no que constitúe un récord dende que comezaron estes estudos. Admais, o 62,5% cre que a economía está peor que hai un ano e só o 15,8% opina que mellorará nos vindeiros doce meses.
A iniciativa de crowdfunding #15mparato, que buscaba 15 mil euros para financiar a querela xudicial contra Rodrigo Rato e os demais responsables de Bankia, conseguiu o seu obxectivo nunha hora, co apoio de once mil persoas.