O rexeitamento holandés do acordo entre a UE e Ucraína pon en dificultades ás autoridades comunitarias. A vitoria do non no referendo celebrado onte (61% dos votos, 32% de participación, lixeiramente por riba do 30% esixido para que a consulta sexa válida) supón en realidade unha vitoria dos grupos euroescépticos.
Fálase
Feijóo di que se presenta porque "a alternativa é aterradora": "o partido de Podemos" con "socialistas e nacionalistas" na Xunta. Afirmouno nunha entrevista en Telecinco que recolle Europa Press.
O Concello de Teruel ameaza a 'El Mundo Today' cunha denuncia por unha peza satírica
O actual xefe da Policía en Galicia chamou a xuíces do Supremo para impulsar unha querela contra Pablo Iglesias días antes de deixar a xefatura da UDEF, segundo conta o xornal El Español
Rajoy defende como "seguro" o acordo da UE con Turquía para deportacións masivas de persoas refuxiadas.
O aumento da abstención deixaría a PP e Ciudadanos á beira da maioría absoluta nunhas novas eleccións xerais. Enquisa en eldiario.es
O artigo “20 claves para saber se estás educando ben aos teus fillos”, publicado no blog do profesor da Facultade de Ciencias da Educación da UDC, Víctor Arufe, faise viral. En pouco máis dunha semana recibiu máis de 30 mil visitas.
As estudantes da Facultade de Belas Artes de Pontevedra veñen de poñer en marcha unha web para dar a coñecer as súas creacións e traballos
ADEGA e a cooperativa e comercializadora eléctrica Nosa Enerxia unirán os seus esforzos na promoción dun novo modelo enerxético en Galicia, apostando polo uso de fontes 100% renovables e galegas
Comeza no Parlamento a celebración do 35º aniversario do Estatuto de Autonomía, que inclúe a primeira entrega das medallas do lexislativo galego. O acto pódese seguir ao vivo na web do Parlamento. A información, hoxe en Praza.