Comeza no Parlamento a celebración do 35º aniversario do Estatuto de Autonomía, que inclúe a primeira entrega das medallas do lexislativo galego. O acto pódese seguir ao vivo na web do Parlamento. A información, hoxe en Praza.
Fálase
Renfe cobra máis por viaxar de Lugo a Santiago que por ir da capital lucense a Madrid. O traxecto dura 3 horas e obriga a ir por Ourense, ante a inexistencia dunha vía férrea directa da cidade da Muralla a Compostela. Debúllao La Voz
Unha reunión non comunicada entre PSOE e Podemos avanza nun pacto, segundo contan as xornalistas Pilar Portero e Ana Cañil
Este mércores comeza o prazo para presentar a declaración da renda, na que se deixarán notar os efectos da última reforma fiscal. Xa se pode consultar o borrador e confirmalo vía telemática, coa nova aplicación Rentaweb, lanzada pola Axencia Tributaria.
A Consellaría de Educación defende a instalación de cámaras de vídeo nos colexios para previr o acoso escolar. Un de cada catro centros de ensino en España xa contan con estes dispositivos
Un xuíz ve indicios de delito na xestión do conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, cando era alcalde de Baiona. Segundo a denuncia -que ao ser aforado deberá ser estudada polo TSXG-, Vázquez Almuíña non controlou o ruído xerado por unha discoteca propiedade dun familiar dunha edil.
O Goberno catalán cre "contraproducente" para o proceso soberanista o manifesto contra o bilingüísmo lanzado a pasada semana polo Grupo Koiné, que apostaba polo catalán como única lingua oficial
Ted Cruz e Bernie Sanders vencen nas primarias de Wisconsin, incrementando a presión sobre Trump e Clinton, que seguen en cabeza
Centos de instalacións de autoconsumo eléctrico, principalmente paneis fotovoltaicos, están a piques de pasar á ilegalidade. A partir deste sábado centos de instalacións domésticas enfrontaranse a mutas millonarias. O sector solicita unha prórroga para adaptarse a unha normativa que tan só permitiu legalizar a situación de 16 fogares.
A dimisión do primeiro ministro islandés polo escándalo dos Papeis de Panamá, podería levar ao poder ao Partido Pirata de Birgitta Jónsdóttir, principal impulsor das protestas desta semana, e que xa lideraba as sondaxes antes de coñecerse este escándalo.