Unha reunión non comunicada entre PSOE e Podemos avanza nun pacto, segundo contan as xornalistas Pilar Portero e Ana Cañil
Fálase
Este mércores comeza o prazo para presentar a declaración da renda, na que se deixarán notar os efectos da última reforma fiscal. Xa se pode consultar o borrador e confirmalo vía telemática, coa nova aplicación Rentaweb, lanzada pola Axencia Tributaria.
A Consellaría de Educación defende a instalación de cámaras de vídeo nos colexios para previr o acoso escolar. Un de cada catro centros de ensino en España xa contan con estes dispositivos
Un xuíz ve indicios de delito na xestión do conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, cando era alcalde de Baiona. Segundo a denuncia -que ao ser aforado deberá ser estudada polo TSXG-, Vázquez Almuíña non controlou o ruído xerado por unha discoteca propiedade dun familiar dunha edil.
O Goberno catalán cre "contraproducente" para o proceso soberanista o manifesto contra o bilingüísmo lanzado a pasada semana polo Grupo Koiné, que apostaba polo catalán como única lingua oficial
Ted Cruz e Bernie Sanders vencen nas primarias de Wisconsin, incrementando a presión sobre Trump e Clinton, que seguen en cabeza
Centos de instalacións de autoconsumo eléctrico, principalmente paneis fotovoltaicos, están a piques de pasar á ilegalidade. A partir deste sábado centos de instalacións domésticas enfrontaranse a mutas millonarias. O sector solicita unha prórroga para adaptarse a unha normativa que tan só permitiu legalizar a situación de 16 fogares.
A dimisión do primeiro ministro islandés polo escándalo dos Papeis de Panamá, podería levar ao poder ao Partido Pirata de Birgitta Jónsdóttir, principal impulsor das protestas desta semana, e que xa lideraba as sondaxes antes de coñecerse este escándalo.
Todos os sumarios conducen a Panamá. O bufete Mossack Fonseca foi clave para tentar lavar os cartos de Gürtel e as sociedades radicadas no país centroamericano son clave para ocultar operacións en moitas tramas e casos de corrupción coñecidos nos últimos anos.
O Parlamento conmemora mañá o 35º aniversario da promulgación do Estatuto de Autonomía entregando por primeira vez as súas medallas, que recibirán os expresidentes e expresidentas da Cámara.