Todos os sumarios conducen a Panamá. O bufete Mossack Fonseca foi clave para tentar lavar os cartos de Gürtel e as sociedades radicadas no país centroamericano son clave para ocultar operacións en moitas tramas e casos de corrupción coñecidos nos últimos anos.
Fálase
O Parlamento conmemora mañá o 35º aniversario da promulgación do Estatuto de Autonomía entregando por primeira vez as súas medallas, que recibirán os expresidentes e expresidentas da Cámara.
Pontón sitúa Pontevedra como "referencia" do "modelo" do BNG e reclama un novo financiamento municipal. Fíxoo xunto co alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, nunha visita á cidade durante toda a xornada.
Dimite o primeiro ministro de Islandia dous días despois de transcender que mantivo unha sociedade opaca en Panamá #PanamaPapers
Pallasos en Rebeldía recada 5.500 euros para as ONG que traballan axudando refuxiados/as e migrantes en Idomeni (Grecia) e nos campamentos de Calais e Dunkerque (Francia). Ivan Prado e outros activistas actuaron esta fin de semana nas instalacións francesas, nas que se atopan milleiros de refuxiados/as
Camilo Nogueira, distinguido co Premio Trasalba que concede a Fundación Otero Pedrayo. Serálle entregado o vindeiro 26 de xuño.
Ciudadanos pide agora ministerios nun eventual goberno de Pedro Sánchez e pide que Podemos o facilite
Feijóo insta a non votar a Ciudadanos nas galegas porque beneficiaría "a Podemos" pero indica que non lle "importaría gobernar en coalición" co partido de Albert Rivera, ao que ve "parecido" ao PP. Afirmouno nunha entrevista con Jiménez Losantos.
O Supremo ordena demoler as obras ilegais do edificio Conde de Fenosa na Coruña. O alto tribunal bota atrás así a estratexia do goberno local para derrubar tan só parcialmente o inmoble e ordena restituílo á situación de antes de 1997.
O Supremo avala a anulación do concurso eólico do bipartito tras declarar nula a súa suspensión, segundo conta La Voz de Galicia. A Xunta está a pagar varias indemnizacións a empresas que reclaman danos por botar atrás aquel concurso.