Ciudadanos pide agora ministerios nun eventual goberno de Pedro Sánchez e pide que Podemos o facilite
Fálase
Feijóo insta a non votar a Ciudadanos nas galegas porque beneficiaría "a Podemos" pero indica que non lle "importaría gobernar en coalición" co partido de Albert Rivera, ao que ve "parecido" ao PP. Afirmouno nunha entrevista con Jiménez Losantos.
O Supremo ordena demoler as obras ilegais do edificio Conde de Fenosa na Coruña. O alto tribunal bota atrás así a estratexia do goberno local para derrubar tan só parcialmente o inmoble e ordena restituílo á situación de antes de 1997.
O Supremo avala a anulación do concurso eólico do bipartito tras declarar nula a súa suspensión, segundo conta La Voz de Galicia. A Xunta está a pagar varias indemnizacións a empresas que reclaman danos por botar atrás aquel concurso.
O alcalde de Santiago cobra 23.000 euros anuais menos que o seu antecesor, Agustín Hernández, que como líder da oposición percibe case 3.000 euros brutos máis ao ano que o actual rexedor compostelán. Son datos que recolle unha información de La Voz
A Avenida General Sanjurjo da Coruña pasará a chamarse a partir de hoxe Avenida de Oza, en cumprimento do acordo adoptado polo pleno municipal en 2009
A ministra de Fomento en funcións, Ana Pastor, non acudirá este martes á comparecencia no Congreso á que está citada, cumprindo co guión previsto polo PP de negarse ao control parlamentario do Executivo interino.
A Unión Europea comezou onte a deportar os refuxiados e refuxiadas a Turquía. Preto de 150 refuxiados e refuxiadas permanecen acampadas no porto da illa grega de Quíos para protestar contra as deportacións dende que lograron escapar do centro de detención
A oposición islandesa presenta un voto de censura ao primeiro ministro pola súa implicación nos Papeis de Panamá. Milleiros de persoas protestan nas rúas e piden a súa dimisión.
El Diario destaca que os negocios opacos da irmá de Juan Carlos de Borbón discorreron en paralelo co reinado do monarca. Pilar de Borbón púxose á fronte da sociedade en 1974, coincidindo co ascenso ao trono de Juan Carlos I, e a empresa foi clausurada días despois da súa abdicación.