El Diario destaca que os negocios opacos da irmá de Juan Carlos de Borbón discorreron en paralelo co reinado do monarca. Pilar de Borbón púxose á fronte da sociedade en 1974, coincidindo co ascenso ao trono de Juan Carlos I, e a empresa foi clausurada días despois da súa abdicación.
Fálase
Santander, BBVA e Sabadell facilitaron a creación de sociedades en Panamá para evitar que os seus clientes con diñeiro oculto a Facenda quedaran ao descuberto. El Confidencial publica unha nova entrega dos achados informativos ao fío da filtración dos Papeis de Panamá. Facenda e a Audiencia Nacional din que están a analizar "en profundidade" a documentación
As candidatas e candidato a liderar Podemos Galicia debaten na TVG a partir das 18:30. Será no programa Área Pública, que se pode seguir dende esta ligazón.
O goberno da Coruña insta o PSOE a renunciar á presidencia da Comisión de Participación tras "bloqueala" co pacto orzamentario co PP. Segundo o executivo da Marea, os programas de participación pasan dun orzamento inicial de case medio millón de euros a tan só 28.000.
ÚLTIMA HORA O Supremo anula a autorización administrativa previa da planta de Reganosa, en Mugardos. Máis información, hoxe en Praza.
O paro baixa en Galicia en 3.471 persoas e no Estado en 58.216 en marzo polas contratacións de Semana Santa. A Seguridade Social suma 138.086 afiliados no conxunto de España. Máis información, esta mañá en Praza.
PP e C's sumarían para a maioría absoluta se houbese novas eleccións, segundo unha enquisa para El Mundo. Podemos caería catro puntos e Ciudadanos aumentaría o seu apoio.
A UE pon en marcha dende hoxe o seu plan para expulsar refuxiados dende Grecia cara a Turquía. As autoridades gregas temen a reacción das persoas que van ser expulsadas e un alto cargo da ONU volve advertir de que o plan pode ser ilegal, ao ignorar a operación as solicitudes de asilo en marcha.
O presidente da Unión Progresista de Fiscais, Álvaro García Ortiz, sinala que resulta "absolutamente incomprensible" que Galicia non conte aínda cunha fiscalía especializada en corrupción, a pesar dos numerosos casos que saíron á luz nos últimos anos.
O 70% de núcleos urbanos perderon poboación en 2015. Só creceron 13 dos 56 concellos con máis de 10.000 habitantes en Galicia.