O presidente da Unión Progresista de Fiscais, Álvaro García Ortiz, sinala que resulta "absolutamente incomprensible" que Galicia non conte aínda cunha fiscalía especializada en corrupción, a pesar dos numerosos casos que saíron á luz nos últimos anos.
Fálase
O 70% de núcleos urbanos perderon poboación en 2015. Só creceron 13 dos 56 concellos con máis de 10.000 habitantes en Galicia.
Comeza a nova campaña da renda. A partir deste mérores poderase solicitar e confirmar o borrador do IRPF e realizar a declaración a través de Internet.
Mossack Fonseca axudou a centos de españois a ocultar o seu patrimonio en paraísos fiscais. Polo menos 1.200 sociedades e 558 accionistas aparecen nos papeis de Panamá.
Rajoy, sobre os casos de corrupción no PP: "Esas cousas pasan". O presidente do Goberno volve evitar contestar por que enviou un SMS de apoio a Bárcenas e mantén que seguirá sendo o candidato dos populares. "Eu non son Artur Mas", di.
A irmá do rei Juan Carlos mantivo unha sociedade opaca en Panamá durante 40 anos. É unha das revelacións da filtración sobre paraísos fiscais que vén de publicar El Confidencial.
O Lugo cae en Tenerife e afástase dos postos de promoción en 2ªA. En 2ªB, o Celta B gañou en Xixón e Compostela e Racing empataron. Pontevedra, Coruxo e Somozas perderon. En 3ª, Cerceda e Boiro mantéñense firmes no alto da táboa.
El Confidencial adianta que ás 20 horas revelará a maior filtración da historia sobre paraísos fiscais.
O Salón do Libro xa recibiu 5.000 visitas dende a súa inauguración o pasado venres. O espectáculo "A bichería canta!" de Migallas Teatro foi un dos máis multitudinarios
Unhas novas eleccións xerais non cambiarían demasiado o panorama electoral, segundo unha enquisa de Metroscopia para El País. Podemos caería varios puntos e IU dobraría apoios, mentres Ciudadanos tamén medraría.