Rajoy, sobre os casos de corrupción no PP: "Esas cousas pasan". O presidente do Goberno volve evitar contestar por que enviou un SMS de apoio a Bárcenas e mantén que seguirá sendo o candidato dos populares. "Eu non son Artur Mas", di.
Fálase
A irmá do rei Juan Carlos mantivo unha sociedade opaca en Panamá durante 40 anos. É unha das revelacións da filtración sobre paraísos fiscais que vén de publicar El Confidencial.
O Lugo cae en Tenerife e afástase dos postos de promoción en 2ªA. En 2ªB, o Celta B gañou en Xixón e Compostela e Racing empataron. Pontevedra, Coruxo e Somozas perderon. En 3ª, Cerceda e Boiro mantéñense firmes no alto da táboa.
El Confidencial adianta que ás 20 horas revelará a maior filtración da historia sobre paraísos fiscais.
O Salón do Libro xa recibiu 5.000 visitas dende a súa inauguración o pasado venres. O espectáculo "A bichería canta!" de Migallas Teatro foi un dos máis multitudinarios
Unhas novas eleccións xerais non cambiarían demasiado o panorama electoral, segundo unha enquisa de Metroscopia para El País. Podemos caería varios puntos e IU dobraría apoios, mentres Ciudadanos tamén medraría.
Así sonou o himno galego en Balaídos antes de #onosoderbi. Deportivo e Celta empataron nun partido igualado e con escaso fútbol.
Cangas prohibe aos seus concelleiros acudir en nome de Concello a actos relixiosos. O PP considera que se trata dun ataque á liberdade. Cristiáns de base xa manifestaran o seu acordo con que as administracións non estivesen representadas nas procesións.
Centos de mariñeiros galegos pasan a cotizar na Seguridade Social francesa. España trata de asinar un convenio bilateral para que non perdan cobertura social.
Feijóo aposta por non adiantar as eleccións e di que se presenta porque "a situación política non é razoable". Asegúrao nunha entrevista en La Voz de Galicia.