Unhas novas eleccións xerais non cambiarían demasiado o panorama electoral, segundo unha enquisa de Metroscopia para El País. Podemos caería varios puntos e IU dobraría apoios, mentres Ciudadanos tamén medraría.
Fálase
Así sonou o himno galego en Balaídos antes de #onosoderbi. Deportivo e Celta empataron nun partido igualado e con escaso fútbol.
Cangas prohibe aos seus concelleiros acudir en nome de Concello a actos relixiosos. O PP considera que se trata dun ataque á liberdade. Cristiáns de base xa manifestaran o seu acordo con que as administracións non estivesen representadas nas procesións.
Centos de mariñeiros galegos pasan a cotizar na Seguridade Social francesa. España trata de asinar un convenio bilateral para que non perdan cobertura social.
Feijóo aposta por non adiantar as eleccións e di que se presenta porque "a situación política non é razoable". Asegúrao nunha entrevista en La Voz de Galicia.
A unanimidade con Echenique aparca a crise en Podemos, que quere centrarse na investidura. Iglesias chama a Ciudadanos e PSOE a "ceder" para evitar novas eleccións.
Pedro Sánchez consultará á militancia só se hai cambios "substanciais" no pacto con Ciudadanos. En Podemos, as bases decidirán o voto ante unha nova investidura do líder dos socialistas.
Feijóo anuncia que optará á Xunta por terceira vez. Vén de anunciar que será o candidato do PP nas vindeiras eleccións autonómicas logo de meses de incertidume. Máis información, nuns minutos en Praza Pública.
Centos de indignados acampan en París por segunda noite seguida. Diferentes colectivos queren organizar unha protesta semellante ao 15M que se deu en España hai cinco anos.
Echenique fiará a xestión territorial de Podemos aos secretarios de organización autonómicos. O Consello Cidadán Estatal ratificará este sábado a súa designación como substituto de Sergio Pascual.