Feijóo anuncia que optará á Xunta por terceira vez. Vén de anunciar que será o candidato do PP nas vindeiras eleccións autonómicas logo de meses de incertidume. Máis información, nuns minutos en Praza Pública.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/56ff93375a3a1-cfbyrgpwqaawn_p.jpg)
Feijóo anuncia que optará á Xunta por terceira vez. Vén de anunciar que será o candidato do PP nas vindeiras eleccións autonómicas logo de meses de incertidume. Máis información, nuns minutos en Praza Pública.
Centos de indignados acampan en París por segunda noite seguida. Diferentes colectivos queren organizar unha protesta semellante ao 15M que se deu en España hai cinco anos.
Echenique fiará a xestión territorial de Podemos aos secretarios de organización autonómicos. O Consello Cidadán Estatal ratificará este sábado a súa designación como substituto de Sergio Pascual.
Cada visitante do Gaiás custa 8,36 euros ás arcas galegas. Manter o complexo, con algo máis de 1.300 visitas ao día, custa 11.000 euros por cada xornada.
Educación promete que naves e galpóns no rural non contarán para recibir bolsas de estudo. Ao computaren como patrimonio familiar tras o catastrazo, os nenos das áreas rurais corren o risco de quedar fóra das axudas.
A conselleira de Medio Ambiente ve "inesperados" os asolagamentos nas Brañas ou na Lagoa, en Sada. Radio Coruña recolle as declaracións de Beatriz Mato.
O ministro de Xustiza en funcións sentencia que "Podemos tiene cercanías con el movimiento terrorista etarra". Así o afirmou Rafael Catalá, secretario de Infraestruturas cando aconteceu o accidente de Angrois, nun acto público este venres.
A Coruña aproba os orzamentos de 2016 nun tenso pleno no que Xulio Ferreiro acusou a PP e PSOE dun pacto para unha "moción de censura encuberta". O grupo socialista e da Marea votaron a favor, o PP abstívose e o BNG abandonou o pleno tras reclamar o seu adiamento para que técnicos municipais estudasen as emendas. Máis información, hoxe en Praza.
A dirección do PPdeG propón o 7 e 8 de maio para celebrar o seu congreso, que será en Ourense. A Xunta Directiva ratificará as datas este sábado na xuntanza en que, previsiblemente, Feijóo confirmará a súa candidatura.
VÍDEO A gala de entrega dos XX María Casares, íntegra no portal da TVG sobre os premios.