Cada visitante do Gaiás custa 8,36 euros ás arcas galegas. Manter o complexo, con algo máis de 1.300 visitas ao día, custa 11.000 euros por cada xornada.
Fálase
Educación promete que naves e galpóns no rural non contarán para recibir bolsas de estudo. Ao computaren como patrimonio familiar tras o catastrazo, os nenos das áreas rurais corren o risco de quedar fóra das axudas.
A conselleira de Medio Ambiente ve "inesperados" os asolagamentos nas Brañas ou na Lagoa, en Sada. Radio Coruña recolle as declaracións de Beatriz Mato.
O ministro de Xustiza en funcións sentencia que "Podemos tiene cercanías con el movimiento terrorista etarra". Así o afirmou Rafael Catalá, secretario de Infraestruturas cando aconteceu o accidente de Angrois, nun acto público este venres.
A Coruña aproba os orzamentos de 2016 nun tenso pleno no que Xulio Ferreiro acusou a PP e PSOE dun pacto para unha "moción de censura encuberta". O grupo socialista e da Marea votaron a favor, o PP abstívose e o BNG abandonou o pleno tras reclamar o seu adiamento para que técnicos municipais estudasen as emendas. Máis información, hoxe en Praza.
A dirección do PPdeG propón o 7 e 8 de maio para celebrar o seu congreso, que será en Ourense. A Xunta Directiva ratificará as datas este sábado na xuntanza en que, previsiblemente, Feijóo confirmará a súa candidatura.
VÍDEO A gala de entrega dos XX María Casares, íntegra no portal da TVG sobre os premios.
GCiencia entrevista o físico galego que traballa na desmontaxe de Fukushima, Carlos Paradela Dobarro.
Un empresario investigado no caso Gürtel admite ante o xuíz que financiou ilegalmente ao PP. Cóntao a Cadena SER
O Banco Santander anuncia o peche de 450 oficinas en todo o Estado e anuncia despedimentos.