A Coruña aproba os orzamentos de 2016 nun tenso pleno no que Xulio Ferreiro acusou a PP e PSOE dun pacto para unha "moción de censura encuberta". O grupo socialista e da Marea votaron a favor, o PP abstívose e o BNG abandonou o pleno tras reclamar o seu adiamento para que técnicos municipais estudasen as emendas. Máis información, hoxe en Praza.
Fálase
A dirección do PPdeG propón o 7 e 8 de maio para celebrar o seu congreso, que será en Ourense. A Xunta Directiva ratificará as datas este sábado na xuntanza en que, previsiblemente, Feijóo confirmará a súa candidatura.
VÍDEO A gala de entrega dos XX María Casares, íntegra no portal da TVG sobre os premios.
GCiencia entrevista o físico galego que traballa na desmontaxe de Fukushima, Carlos Paradela Dobarro.
Un empresario investigado no caso Gürtel admite ante o xuíz que financiou ilegalmente ao PP. Cóntao a Cadena SER
O Banco Santander anuncia o peche de 450 oficinas en todo o Estado e anuncia despedimentos.
A contorna de Rajoy arremete contra os vicesecretarios máis mozos do PP por non defender a Rita Barberá, segundo conta El Mundo
O pleno da Coruña borda este venres a aprobación dos Orzamentos. O apoio do PSOE ao proxecto da Marea Atlántica aínda non está pechado.
Telecinco presenta como exclusiva información do caso Carioca que a prensa galega ofrece dende hai 8 anos. Cóntao El Progreso
O PP enche a axenda de Rajoy para compensar a súa escasa actividade como presidente en funcións. Análise en eldiario.es