As candidatas e candidato a liderar Podemos Galicia debaten na TVG a partir das 18:30. Será no programa Área Pública, que se pode seguir dende esta ligazón.
Fálase
O goberno da Coruña insta o PSOE a renunciar á presidencia da Comisión de Participación tras "bloqueala" co pacto orzamentario co PP. Segundo o executivo da Marea, os programas de participación pasan dun orzamento inicial de case medio millón de euros a tan só 28.000.
ÚLTIMA HORA O Supremo anula a autorización administrativa previa da planta de Reganosa, en Mugardos. Máis información, hoxe en Praza.
O paro baixa en Galicia en 3.471 persoas e no Estado en 58.216 en marzo polas contratacións de Semana Santa. A Seguridade Social suma 138.086 afiliados no conxunto de España. Máis información, esta mañá en Praza.
PP e C's sumarían para a maioría absoluta se houbese novas eleccións, segundo unha enquisa para El Mundo. Podemos caería catro puntos e Ciudadanos aumentaría o seu apoio.
A UE pon en marcha dende hoxe o seu plan para expulsar refuxiados dende Grecia cara a Turquía. As autoridades gregas temen a reacción das persoas que van ser expulsadas e un alto cargo da ONU volve advertir de que o plan pode ser ilegal, ao ignorar a operación as solicitudes de asilo en marcha.
O presidente da Unión Progresista de Fiscais, Álvaro García Ortiz, sinala que resulta "absolutamente incomprensible" que Galicia non conte aínda cunha fiscalía especializada en corrupción, a pesar dos numerosos casos que saíron á luz nos últimos anos.
O 70% de núcleos urbanos perderon poboación en 2015. Só creceron 13 dos 56 concellos con máis de 10.000 habitantes en Galicia.
Comeza a nova campaña da renda. A partir deste mérores poderase solicitar e confirmar o borrador do IRPF e realizar a declaración a través de Internet.
Mossack Fonseca axudou a centos de españois a ocultar o seu patrimonio en paraísos fiscais. Polo menos 1.200 sociedades e 558 accionistas aparecen nos papeis de Panamá.