PP e C's sumarían para a maioría absoluta se houbese novas eleccións, segundo unha enquisa para El Mundo. Podemos caería catro puntos e Ciudadanos aumentaría o seu apoio.
Fálase
A UE pon en marcha dende hoxe o seu plan para expulsar refuxiados dende Grecia cara a Turquía. As autoridades gregas temen a reacción das persoas que van ser expulsadas e un alto cargo da ONU volve advertir de que o plan pode ser ilegal, ao ignorar a operación as solicitudes de asilo en marcha.
O presidente da Unión Progresista de Fiscais, Álvaro García Ortiz, sinala que resulta "absolutamente incomprensible" que Galicia non conte aínda cunha fiscalía especializada en corrupción, a pesar dos numerosos casos que saíron á luz nos últimos anos.
O 70% de núcleos urbanos perderon poboación en 2015. Só creceron 13 dos 56 concellos con máis de 10.000 habitantes en Galicia.
Comeza a nova campaña da renda. A partir deste mérores poderase solicitar e confirmar o borrador do IRPF e realizar a declaración a través de Internet.
Mossack Fonseca axudou a centos de españois a ocultar o seu patrimonio en paraísos fiscais. Polo menos 1.200 sociedades e 558 accionistas aparecen nos papeis de Panamá.
Rajoy, sobre os casos de corrupción no PP: "Esas cousas pasan". O presidente do Goberno volve evitar contestar por que enviou un SMS de apoio a Bárcenas e mantén que seguirá sendo o candidato dos populares. "Eu non son Artur Mas", di.
A irmá do rei Juan Carlos mantivo unha sociedade opaca en Panamá durante 40 anos. É unha das revelacións da filtración sobre paraísos fiscais que vén de publicar El Confidencial.
O Lugo cae en Tenerife e afástase dos postos de promoción en 2ªA. En 2ªB, o Celta B gañou en Xixón e Compostela e Racing empataron. Pontevedra, Coruxo e Somozas perderon. En 3ª, Cerceda e Boiro mantéñense firmes no alto da táboa.
El Confidencial adianta que ás 20 horas revelará a maior filtración da historia sobre paraísos fiscais.