O Concello de Santiago de Compostela informa que se habilita o edificio CERSIA (rúa Raimundo López Pol-San Lázaro) para a atención aos familiares. Faise un chamamento á cidadanía para que acudan a doar sangue ao Centro de Transfusión do Monte da Condesa (Campus Sur).
Fálase
Compromiso por Galicia cancela o seu acto político previsto para mañá e converte a ofrenda que realizará ás 12 horas en Bonaval "nunha homenaxe ás vítimas". Esquerda Unida tamén suspende o acto previsto mañá ante o cárcere da Coruña. E o mesmo fai Anova.
O PSdeG suspende todos os actos polo Día de Galicia. O secretario xeral do PSdeG, Manuel Pachi Vázquez traslada a súa "tremenda conmoción" polo sucedido. O presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, trasladou a súa "profunda dor" e o seu "apoio" ás familias das vítimas mortais e aos feridos no descarrilamento dun tren en Santiago.
O BNG acaba de decidir a suspensión de todos os actos de celebración do 25 de xullo, que incluén tanto o Festigal como a manifestación do Día da Patria, como sinal de condolencia polas vítimas do accidente. Francisco Jorquera e Rubén Cela desprazaronse ata o lugar do sinistro. O portavoz nacional, Xavier Vence, quixo "transmitir o todo o noso apoio e as nosas sentidas condolencias".
A Policía habilitou o teléfono 981551100 para que os familiares dos afectados poidan obter máis información
Fontes da Xunta falan de cando menos 35 mortos e medio cento de feridos, informa a Cadena Ser. Fotogalería.
Ducias de persoas achéganse á estación de tren de Compostela.
O número de falecidos ascende a 20. Efectivos sanitarios e bombeiros seguen retirando persoas dos vagóns. Os centros de transfusión de sangue realizan un chamamento para que se realicen doazóns no Hospital Clinico. Os niveis de reservas xa eran baixas.
No tren viaxaban 225 persoas. A máquina viaxaba moi rápido e ao chegar á curva da Grandeira un dos vagóns saltou polos aires. Hai cando menos 50 feridos. La Voz de Galicia publica unha galeria de imaxes.
A Cadena Ser fala cun dos pasaxeiros do tren que saiu polo seu propio pé. O Concello suspende as festas de Santiago. Foto de @felipe_adrian17