Fontes da Xunta falan de cando menos 35 mortos e medio cento de feridos, informa a Cadena Ser. Fotogalería.
Fálase
Ducias de persoas achéganse á estación de tren de Compostela.
O número de falecidos ascende a 20. Efectivos sanitarios e bombeiros seguen retirando persoas dos vagóns. Os centros de transfusión de sangue realizan un chamamento para que se realicen doazóns no Hospital Clinico. Os niveis de reservas xa eran baixas.
No tren viaxaban 225 persoas. A máquina viaxaba moi rápido e ao chegar á curva da Grandeira un dos vagóns saltou polos aires. Hai cando menos 50 feridos. La Voz de Galicia publica unha galeria de imaxes.
A Cadena Ser fala cun dos pasaxeiros do tren que saiu polo seu propio pé. O Concello suspende as festas de Santiago. Foto de @felipe_adrian17
Dez mortos ao descarrilar un tren en Compostela. Ás 20.40 un tren Alvia que cubría a ruta entre Madrid e Ferrol descarrilou a poucos metros de chegar a Santiago. Descoñécense as causas do sinistro. Hai ainda en vagóns volcados. Mai´s información nuns minutos.
A Deputación da Coruña insta un funcionario a non utilizar o galego no seu traballo escrito. O propio presidente o recoñece ante o traballador e o BNG xa anuncia que levará o tema ao Parlamento.
A portada da revista satírica Private Eye sobre o nacemento do fillo dos duques de Cambridge está a recibir moitos eloxios. Pola súa banda, The Guardian instalou un botón para republicanos que ocultaba as novas sobre este tema.
Feijóo cuestiona "o rigor" de MAFO e asegura que "menos mal" que o Banco de España "cambiou de gobernador".
O Concello de Ames pagou 12.100 euros por un estudo para un concurso de abastecemento de auga copiado de El Rincón del Vago. O caso foi denunciado polos concelleiros de Pacto por Ames, escindidos do PP, que atoparon o documento orixinal, practicamente idéntico, na rede.