O semanario Sermos Galiza chega este xoves aos seus primeiros 100 números coa "vocación de reforzar o espazo galego de comunicación"
Fálase
La Voz de Galicia entrevista a deputada ferrolá do PSdeG-PSOE, Paloma Rodríguez, que ao igual que Guillem García non quixo participar na votación sobre a sucesión monárquica para respectar o seu "profundo espírito republicano" e a posición manifestada pola agrupación local do partido.
Dúas listas competirán por pilotar a asemblea fundacional de Podemos en outono. A proposta por Pablo Iglesias competirá cando menos con outra promovida polo círculo Enfermeiras.
Lidia Senra (AGEe) e outras 67 eurodeputadas e eurodeputados asinan unha declaración para demandar un referendo no Estado español sobre a xefatura do Estado. Tamén se esixe o respecto ao dereito a decidir dos pobos que conforman a realidade plurinacional do Estado
De Cospedal aproveita o debate sobre a abdicación do rei para rexistrar a súa proposta de recorte de deputados en Castilla-La Mancha. Mentres, en Galicia, o PP avanza na tramitación da súa propia tesoirada, tamén en solitario.
Representantes de 'Galicia, mellor sen touradas' entregaron esta mañá no Concello da Coruña as máis de 91.000 sinaturas recollidas contra a celebración deste espectáculo na cidade.
Tamara Vidal e Ana Outerelo, as traballadoras de instalacións deportivas condenadas a tres anos de prisión pola súa acción nun piquete, desprazáronse este mércores cos seus avogados a Madrid para formalizar no Ministerio de Xustiza a petición de indulto.
Traballadores e traballadoras de Urbaser protestaron este mércores pola mañá no salón de plenos do Concello de Lugo contra o despedimento de 12 dos empregados da empresa, encargada da recollida do lixo na cidade. Onte comezou unha folga indefinida de recollida. Os sindicatos protestan por uns servizos mínimos "abusivos", que de xoves a luns, coincidindo co Arde Lucus, son do 100%.
O Congreso aproba, con 299 votos a favor, 19 votos en contra e 23 abstencións, a lei de abdicación. En canto aos deputados socialistas que pediran liberdade de voto, Odón Elorza abstívose e Guillem García ausentouse do hemiciclo. Eduardo Madina votou si.
Ada Colau promove unha candidatura para a alcaldía de Barcelona, baixo a denominación de Guanyem Barcelona (Gañemos Barcelona). Espera contar co apoio de Podemos, ICV, EUiA, Procés Constituent e CUP, ademais de numerosos movementos sociais.