A Xunta propón situar a nova Cidade da Xustiza de Vigo no edificio do antigo Hospital Xeral. O Goberno en funcións debería ceder o edificio da Tesourería e o Concello decidir un cambio de usos da parcela. Caballero afirma que estudará a proposta "con atención"
Fálase
Pablo Iglesias busca retomar a iniciativa cunha contraoferta de negociación a Pedro Sánchez. Ao longo da fin de semana Podemos presentará un documento que avanza na súa proposta de Goberno de coalición de esquerdas
Unha concentración, organizada por máis dunha ducia de entidades (PAH, CNT, ODS-Coia...) protestou en Vigo contra as detencións dos titiriteiros, pediu a retirada dos cargos e alertou sobre a persecución que están a vivir os colectivos e movementos sociais que promoven unha alternativa ao sistema
Rajoy reitera a sua aposta pola 'gran coalición' tras unha xuntanza de media hora con Pedro Sánchez. O PSOE coida que o líder do PP non é "educado" por non estreitar a man do líder socialista.
O xornal británico The Independent pecha a súa edición en papel e continuará só en dixital dende marzo. Cóntao The Guardian
Estes son os bens e datos patrimoniais das conselleiras e conselleiros que entraron na Xunta ou cambiaron de posto tras a crise de Goberno do pasado outubro, así como os da cesada Rocío Mosquera. Veñen de ser publicados no DOG
A previsible quebra de Pemex é analizada pola edición mexicana de Forbes. O pasado ano a empresa admitira a Praza que a suá mala situación económica obrigaba a unha "necesaria revisión" dos seus proxectos en Galicia
As ondas gravitacionais explicadas para principiantes. GCiencia ofrece unha explicación do relevante descubrimento científico que vén de ser revelado
Rita Barberá gastou 2.000 euros públicos en acudir ao funeral de Fraga, incluíndo o aloxamento no Hostal dos Reis Católicos. Meses antes o Concello de Santiago gastara máis de 6.000 euros en inaugurar a rúa que leva o nome do expresidente.
O rexistro da sede do PP á procura de probas de presunto financiamento ilegal marca a xuntanza que Rajoy manterá este venres con Pedro Sánchez