Os traballadores do naval de Ferrol e Fene xa están concentrados en San Caetano despois de máis de dúas xornadas enteiras de camiño. Ás once o conselleiro Javier Guerra recibe aos representantes dos traballadores. A foto é de Rubén Cela

Os traballadores do naval de Ferrol e Fene xa están concentrados en San Caetano despois de máis de dúas xornadas enteiras de camiño. Ás once o conselleiro Javier Guerra recibe aos representantes dos traballadores. A foto é de Rubén Cela
Núñez Feijoo xustifica o copagamento sanitario nunha entrevista na Cadena Ser: "A crise non se pode levar por diante o sistema nacional de saúde. Todo o que teñamos que facer é para asegurar o futuro do sistema. Non fagamos demagoxias. Cando un presidente autonómico toma unha decisión así non é porque sexa un malvado, senón porque a situación lle impide facer outra cousa".
Dúas provincias arxentinas veñen de retirar a Repsol o dereito á explotación doutros dous xacementos de petróleo. É unha decisión que afecta a YPF, división arxentina, en tanto eses dous xacementos supoñen máis do 7% da produción total neste país. No diario Clarín hai máis información
Un estudo afirma que o 51% do tráfico total de Internet non é "humano" e ademais é maioritariamente "malicioso"
Dúas informacións falan este xoves da influencia exercida por Irán nalgúns dos conflitos que se están a vivir en Oriente Medio. The Guardian revela o contido de máis de tres mil e-mails do presidente sirio Bashar al-Assad, nos que se amosarían as suxestións feitas por Teherán a Damasco para xestionar as revoltas. Mentres, The New York Times salienta o apoio iraniano aos rebeldes do Iemen.
Otelo Saraiva de Carvalho defendeu este mércores en Coimbra a actuación das forzas armadas en nome do pobo ante a perda de soberanía.
Un desempregado tinerfeño pide que lle desconten un día da súa prestación para poder exercer o dereito á folga
Porén, para ABC, "Tenemos un problema" con Cataluña, baseado en que "Mas insiste en esconder en los impresos la casilla de enseñanza en castellano" ou que "La Generalitat propone cambiar la norma para no izar la bandera nacional"
CiU aproba no Parlamento catalán, grazas á abstención do PP, unha taxa sobre as receitas sanitarias que constitúe o primeiro copagamento que entra en vigo no Estado español. A medida incluíuse dentro dun paquete de decisións para incrementar os ingresos e reducir os gastos da Generalitat, que engade unha taxa turística e unha redución do 15% de dedicación e salario aos persoal interino da administración.
NCG Banco someterá á aprobación do seu próximo consello de administración a adhesión voluntaria ao Código de Boas Prácticas contemplado no Real Decreto-lei 6/2012 de medidas urxentes de protección de debedor hipotecarios sen recursos, aprobado polo Goberno a semana pasada. Esta norma está dirixida a aliviar a situación económica e social das familias en risco de exclusión