Porén, para ABC, "Tenemos un problema" con Cataluña, baseado en que "Mas insiste en esconder en los impresos la casilla de enseñanza en castellano" ou que "La Generalitat propone cambiar la norma para no izar la bandera nacional"

Porén, para ABC, "Tenemos un problema" con Cataluña, baseado en que "Mas insiste en esconder en los impresos la casilla de enseñanza en castellano" ou que "La Generalitat propone cambiar la norma para no izar la bandera nacional"
CiU aproba no Parlamento catalán, grazas á abstención do PP, unha taxa sobre as receitas sanitarias que constitúe o primeiro copagamento que entra en vigo no Estado español. A medida incluíuse dentro dun paquete de decisións para incrementar os ingresos e reducir os gastos da Generalitat, que engade unha taxa turística e unha redución do 15% de dedicación e salario aos persoal interino da administración.
NCG Banco someterá á aprobación do seu próximo consello de administración a adhesión voluntaria ao Código de Boas Prácticas contemplado no Real Decreto-lei 6/2012 de medidas urxentes de protección de debedor hipotecarios sen recursos, aprobado polo Goberno a semana pasada. Esta norma está dirixida a aliviar a situación económica e social das familias en risco de exclusión
O Parlamento catalán, cos votos de CiU e o PP, vén de aprobar o copagamento sanitario e a taxa turística. A partir do 1 de xullo cada receita custará un euro. As medidas forman parte da Lei de Acompañamento dos Orzamentos. Máis en La Información
#debateautonomía #debatenación A piques de comezar a segunda xornada do debate de política xeral. Podédelo seguir a través do Twitter de Praza Pública
O diario Cinco Días publica hoxe que o acordo entre Novagalicia Banco e os fondos de investimento está case pechado. Non especifica a contía do capital que os investidores institucionais estarían dispostos a meter na entidade que preside José María Castellano. A poxa é a única saída de NGB se non logra capital.
'The Godfather' (O Padriño) celebra hoxe o seu aniversario. A triloxía, dirixida por Francis Ford Coppola e protagonizada por Marlon Brando, tivo a súa estrea o 15 de marzo de 1972.
Beberías un refresco sabendo que para queimar as súas calorías tes que correr 20 minutos? Marcos Guimarey recibiu esta mañá o premio do I Concurso de Iniciativas Saudables Campus ConVida, da Universidade de Vigo, grazas ao seu Proxecto Pegadas, unha iniciativa que propón a colocación estratéxica de adhesivos con información de utilidade e impactante sobre hábitos de vida non beneficiosos para a saúde.
A entidade que preside José María Castellano simplifica tamén a súa imaxe de marca para o caso da matriz, Novagalicia Banco. Na nota de prensa remitida sobre o acordo cos sindicatos, do que xa informou Praza, múdase o logo de Novagalicia para substituílo polo de NCG Banco. Desaparece a cor azul e a palabra 'Galicia', que só aparece no correo electrónico dos responsables de prensa.
Un ano despois da entrada en vigor en Portugal da Lei da Identidade de Género, que permite alterar o nome e o sexo no rexistro civil, un total de 78 persoas realizaron estes cambios. Máis información no Diário de Notícias.