A entidade que preside José María Castellano simplifica tamén a súa imaxe de marca para o caso da matriz, Novagalicia Banco. Na nota de prensa remitida sobre o acordo cos sindicatos, do que xa informou Praza, múdase o logo de Novagalicia para substituílo polo de NCG Banco. Desaparece a cor azul e a palabra 'Galicia', que só aparece no correo electrónico dos responsables de prensa.
