Esta mañá preséntase en Compostela a Plataforma Cidadá en Defensa da Radiotelevisión Pública Galega, que terá como voceiros a médica Lola Ferreiro e o cómico Cándido Pazó.

Esta mañá preséntase en Compostela a Plataforma Cidadá en Defensa da Radiotelevisión Pública Galega, que terá como voceiros a médica Lola Ferreiro e o cómico Cándido Pazó.
Unha embarcación de Salvamento Marítimo remolcou esta noite un pesqueiro que ía sen goberno e a piques de varar nas Illas Cíes. Trátase do “Pereira e Moça”, de 21 metros de eslora e 9 tripulantes a bordo. Foi o Salvamar Mirach, con base en Cangas, o que acudiu á chamada de emerxencia. Todos os mariñeiros están ben.
Telefónica gaña o concurso para prestar o servizo de telefonía fixa e móbil no Parlamento galego. É un contrato de 952.000 euros.
Despois de anos contrapoñando a alta velocidade do Mediterráneo á galega, en Catalunya comezan a xurdir as dúbidas sobre o tren rápido. El Punt Avui leva hoxe na súa portada que o Goberno central o vén de frear para "facer números" e podería chegar antes a territorio catalán "a alta velocidade francesa".
A CIG estrea páxina web para informar sobre a reforma laboral e as accións que se están preparando de cara á folga. O secretario xeral do sindicato nacionalista, Suso Seixo, explica nunha nota aos cidadáns as razóns polas cales a CIG convocou a folga para o día 29. Inclúe material informativo sobre a normativa, fotos e novas do día. Neste enlace
En Galicia creáronse 441 sociedades mercantís no mes de xaneiro, cun capital subscrito total de 53.816 euros, informa o INE. Só seis destas empresas foron sociedades anónimas. Desapareceron máis de 260 empresas no mesmo mes, o que supón o peche voluntario ou por fusión de máis de oito firmas cada día. No conxunto do Estado foron 2.460 as empresas que decidiron pechar en xaneiro
Máis do 80% da liquidez que o Banco Central Europeo (BCE) repartiu entre a banca europea, dun total de un billón de euros, quedou esta madrugada en depósitos do BCE. A institución monetaria recolle na súa web que o total de diñeiro depositado por parte da banca ascende a 815,986 millóns de euros. Neste enlace se pode consultar a táboa de datos
A Casa das Crechas cumpre 25 anos e celébrao este mércores cun festa con entrada de balde na que actuarán Xosé Manuel Budiño, Ugia Pedreira e Fred Martins, Uxía e Sérgio Tannus, Narf, Carlos Santiago, Aline Frazao ou Tony Lomba. Nos vindeiros meses o pub compostelán organizará outros eventos para celebrar o seu aniversario.
A Enciclopedia Británica deixa de imprimirse despois de 244 anos. A partir de agora centrase na edición dixital da enciclopedia, que ten un custe de 60 euros anuais.
O Reino Unido autoriza a primeira extradición a Estados Unidos por infracción de copyright. Trátase de Richard O´Dwyer, un estudante de 23 anos que operaba a web de enlace TVShack.