Este xoves haberá outra concentración convocada polos afectados das preferentes de Novagalicia Banco. O acto de protesta terá lugar diante da sede central da entidade en Vigo, na rúa Colón, entre as 17 e as 19:00 horas. Sairán autobuses de Cangas, Bueu e Morrazo. A imaxe é dunha concentración no Rosal, onde se calcula que o 75% dos depósitos a prazo fixo son, en realidade, imposicións a prazo: preferentes.
