Activistas de Femen protestan ante Rouco Varela co torso nu. Lanzáronlle bragas ao berro de "aborto é sagrado".
Fálase
O PP perdería 60 escanos e o PSOE seguiría á baixa se agora houbese eleccións xerais, segundo unha enquisa de El Periódico. IU e UPyD triplicarían a súa representación
El País analiza as repercursións para a loita contra o narcotráfico ou a violencia machista que traerá consigo a fin da xustiza universal que impulsa o PP.
As grandes fortunas españolas melloraron o seu patrimonio en bolsa en 7.000 millóns de euros durante 2013. En El Diario
Esta mañá inaugúranse os derradeiro treitos galegos da autovía transcantábrica, que unen as localidades lucenses de Mondoñedo e Careira.
O Racing de Ferrol cae na Malata ante o Marino (0-1) e o Ourense gaña no campo do Oviedo (0-1). O Compostela cae na casa ante o Guijuelo (1-2), ao igual que o Celta B ante o Avilés (1-3).
Anova aproba a proposta de programa para as eleccións europeas con case o 90% dos votos a favor (3,3% en contra e 7% de abstencións). Uns 200 militantes da formación debateron a forma de "combater as políticas ultraliberais da UE".
Nova traxedia. O mar arrastra un rapaz de quince anos en Foz. O mozo permanece desaparecido logo de que as ondas o levasen mentres paseaba en bicicleta.
O Lugo saca un punto da súa visita a Xaén (0-0). O equipo galego queda na sétima posición a só un paso da promoción de ascenso.
O Obradoiro vence o Canarias (84-76) e acada a súa terceira vitoria consecutiva.