O Lugo saca un punto da súa visita a Xaén (0-0). O equipo galego queda na sétima posición a só un paso da promoción de ascenso.
Fálase
O Obradoiro vence o Canarias (84-76) e acada a súa terceira vitoria consecutiva.
Esquerda Unida confirma a expulsión de Carmen Iglesias. O seu Consello Político Nacional aproba a decisión por unanimidade en votación.
O Deportivo vence o Sabadell (2-1) e mantense no liderado da Segunda División. Salomao e Toché foron os autores dos goles do equipo galego. O Coruxo empatou sen goles en Xixón no encontro de 2ªB.
O temporal bateu con forza en Galicia con ondas de ata 13 metros. Na Coruña, a forza do mar derrubou 50 metros do paseo marítimo e arrastrou coches e bancos de pedra. Imaxe @bombeiroscoruna.
TVE agocha a manifestación contra a reforma da lei do aborto detrás de 15 noticias. Os informativos dedican minuto e medio á masiva marcha.
BNG e EU piden a dimisión de cargos implicados na operación Pokemon. Besteiro di apoiar "a todos os dirixentes do PSOE" e Agustín Hernández pide que "quen a fixo, que a pague".
O BNG homenaxea na Coruña a Moncho Valcarce. O voceiro do Bloque, Xavier Vence, lidera a homenaxe no cemiterio de Santo Amaro.
O Tren da Liberdade converte Madrid nun clamor contra a reforma da lei do aborto. Milleiros de persoas percorren as rúas desde a estación de Atocha nunha exitosa convocatoria.
Milleiros de afectados polas preferentes reclaman a devolución íntegra dos seus aforros en Vigo. Imaxe de @xosepalacio.