Seis homes queimáronse ao bonzo nas últimas seis semanas en Bulgaria, o país máis pobre da UE. Un Goberno provisional trata de manexar a inestabilidade do país até que se celebren eleccións anticipadas en maio
Fálase
A tarifa da luz baixará un 6,6 por cento este luns e a do gas natural quedará conxelada.
Feijóo comparece este luns ás 12.30 horas no Parlamento xunto a Pedro Puy, voceiro popular. Dará explicacións tras a publicación en El País das fotos xunto ao contrabandista Marcial Dorado. O PSdeG anunciou xa unha batería de iniciativas a presentar na Cámara para que Feijoo "explique a súa relación co clan de contrabandistas e narcotraficantes liderado por Dorado".
Fútbol. Resultados de Terceira.
Rápido de Bouzas 2 - 1 Fabril
Narón 0 - 1 As Pontes
Racing Vilalbés 0 - 2 Racing de Ferrol
Cerceda 2 - 2 Vilalonga
Alondras 3 - 0 Betanzos
Céltiga 1 - 2 Compostela
Celta B 4 - 0 Bergantiños
Pontevedra 4 - 0 Ordes
Somozas 0 - 0 Barbadás
Negreira 3 - 1 DornedaFútbol. Segunda B. O Ourense cae na casa (0-2) ante o Salamanca e o Coruxo sae goleado de Tenerife (5-2).
O Deportivo acada un triunfo vital en Mallorca (2-3) e engánchase á loita pola salvación. O equipo galego remontou o tanto inicial dos bermellóns con goles de Silvio, Marchena e Riki.
A CEOE quere que os salarios non suban máis do 0,6% e que se conxelen ou baixen "se é necesario". A patronal difunde as recomendacións para a negociación colectiva.
El Mundo asegura que o rei Juan Carlos herdou case 400 millóns de pesetas que o seu pai tiña en Suíza.
ETA pide a liberdade dos presos e un "proceso popular" cara á independencia. A banda terrorista emite un comunicado con motivo do Aberri Eguna.
O Obradoiro aférrase aos play-off logo de vencer o Gran Canaria (70-72) cunha tripla nos últimos segundos de Dewar.