O Obradoiro aférrase aos play-off logo de vencer o Gran Canaria (70-72) cunha tripla nos últimos segundos de Dewar.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/5157ead2c9844-93973_81_32402_81.jpg)
O Obradoiro aférrase aos play-off logo de vencer o Gran Canaria (70-72) cunha tripla nos últimos segundos de Dewar.
El País publica mañá na súa primeira páxina unha imaxe de Alberto Núñez Feijóo co narcotraficante Marcial Dorado datada en 1995. O presidente da Xunta vén de facer público un comunicado no que ofrece a súa versión dos feitos e anuncia accións contra quen se "valla" desas fotografías.
O Celta saca un valioso punto ante o Barcelona (2-2) grazas a un gol a última hora de Oubiña. Insa adiantou aos celestes e Tello e Messi remontaron para os cataláns.
O Lugo golea o Xerez (4-0) e confirma a permanencia na Segunda División. Airam foi autor de tres tantos do equipo lucense, que sentenciou axiña o encontro.
Afectados polas preferentes protestan en Balaídos antes do Celta-Barcelona que se está a xogar no estadio vigués. Uns 150 membros da PAH continuarán a concentración ata as 21 horas. Imaxe de @diecisietecosas.
Membros da PAH de Andalucía intentan facerlle un escrache a Mariano Rajoy en Doñana. A seguridade impediulles a acceder á zona onde o presidente do Goberno pasa as súas vacacións.
Quita de case o 40% para os grandes depósitos do Banco de Chipre. Os aforradores de máis de 100.000 euros recibirán accións do primeiro banco a cambio dos seus cartos.
O bispo de Donosti cre que o aumento de abortos é "un holocausto silencioso". Munilla considera as interrupcións do embarazo "unha masacre de inocentes".
O PP evita a auditoría externa que prometera. Ningunha empresa accede a certificar as contas de Génova sen ter acceso a todos os documentos.
Morre Thierry, o ex xefe de ETA que rebentou a tregua de 2006. Xabier López Peña sufría problemas cardiovasculares.