O PP evita a auditoría externa que prometera. Ningunha empresa accede a certificar as contas de Génova sen ter acceso a todos os documentos.
Fálase
Morre Thierry, o ex xefe de ETA que rebentou a tregua de 2006. Xabier López Peña sufría problemas cardiovasculares.
Os antidisturbios da Policía Nacional lucirán o seu número de identificación nas costas e en grandes dimensións.
Conde Roa volverá comparecer nos xulgados de Lugo para rematar a súa declaración, que foi suspendida tras o caso de violencia de xénero acontecido na cidade.
Louzán chama "provocador nato" ao voceiro dos afectados polas preferentes do Rosal. O presidente da Deputación de Pontevedra di nunha entrevista en EFE que Xulio Vicente "non quere recuperar os cartos", senón "desgastar os dirixentes do PP".
A Policía Autonómica libera sete cabalos con pexas nos montes de Mondoñedo e Abadín. Abren expediente sancionador contra os propietarios por maltrato animal a través dunha práctica que leva tempo sendo denunciada por varios colectivos.
Corea do Norte declárase "en estado de guerra" con Corea do Sur. Así o asegura un comunicado do Partido dos Traballadores e do Goberno de Pyongyang.
Este venres Praza non se actualizará por descanso dos traballadores. Volvemos o sábado!
O filósofo Giorgio Agamben afirma nunha entrevista no xornal arxentino La Nación que "En Europa asistimos a un baleiramento da democracia"
Manuel González, tesoureiro e candidato a presidir a Real Academia Galega, afirma que o "ideal" sería conseguir unha candidatura "única". Aposta por manter a "independencia" da RAG e por "seguir a liña iniciada por Xosé Ramón Barreiro e continuada por Méndez Ferrín", para acadar "unha maior visibilidade na sociedade".