Quita de case o 40% para os grandes depósitos do Banco de Chipre. Os aforradores de máis de 100.000 euros recibirán accións do primeiro banco a cambio dos seus cartos.
Fálase
O bispo de Donosti cre que o aumento de abortos é "un holocausto silencioso". Munilla considera as interrupcións do embarazo "unha masacre de inocentes".
O PP evita a auditoría externa que prometera. Ningunha empresa accede a certificar as contas de Génova sen ter acceso a todos os documentos.
Morre Thierry, o ex xefe de ETA que rebentou a tregua de 2006. Xabier López Peña sufría problemas cardiovasculares.
Os antidisturbios da Policía Nacional lucirán o seu número de identificación nas costas e en grandes dimensións.
Conde Roa volverá comparecer nos xulgados de Lugo para rematar a súa declaración, que foi suspendida tras o caso de violencia de xénero acontecido na cidade.
Louzán chama "provocador nato" ao voceiro dos afectados polas preferentes do Rosal. O presidente da Deputación de Pontevedra di nunha entrevista en EFE que Xulio Vicente "non quere recuperar os cartos", senón "desgastar os dirixentes do PP".
A Policía Autonómica libera sete cabalos con pexas nos montes de Mondoñedo e Abadín. Abren expediente sancionador contra os propietarios por maltrato animal a través dunha práctica que leva tempo sendo denunciada por varios colectivos.
Corea do Norte declárase "en estado de guerra" con Corea do Sur. Así o asegura un comunicado do Partido dos Traballadores e do Goberno de Pyongyang.
Este venres Praza non se actualizará por descanso dos traballadores. Volvemos o sábado!