Público.es comeza a publicar as informacións tiradas de 2,5 millóns de e-mails do Goberno sirio, filtrados por Wikileaks. Entre outras cousas, estes documentos revelan millonarios negocios entre a industria armamentística italiana e o goberno de Bashar al Asad, mesmo despois do inicio do conflito.
Fálase
O BCE baixa o tipo de interese un cuarto de punto, e déixao no 0'75%, o seu mínimo histórico. Con todo, segue estando máis alto ca en EE UU (0,25%), Xapón (0%) e Reino Unido (0,5%).
#consellodaxunta Feijóo sinala, sobre os posibles contratos do sector naval con Pemex, que "isto é cuestión de tirar un penalti". "O resto do partido xa está xogado, agora hai que concretar os contratos". "Os penaltis normalmente márcanse, agás excepcións", di.
#consellodaxunta Feijóo deixa a porta aberta ao traslado do Códice Calixtino. Ao ser cuestionado por esa posibilidade, o presidente da Xunta sinala que "isto ten que dicilo o arcebispo" de Santiago. "Non son a persoa axeitada para dar noticias que ten que dar o arcebispo", engade
#consellodaxunta A Xunta prorroga o decreto de taxas universitarias do pasado ano para garantir a "normalidade" no inicio da matrícula nas tres universidades. Cando as novas taxas "teñan fórmula definitiva de decreto" entrarán en vigor e o alumnado terá que pagar a diferenza, no caso de subas de prezo.
#consellodaxunta O Executivo regulamenta a creación do Consello Galego de Mulleres, que se reunirá, "como mínimo, dúas veces ao ano".
#consellodaxunta O Goberno galego prepara un plan de aparcadoiros disuasorios nos accesos das cidades
Euskal Herria Bildu presentará este domingo nun acto público as persoas e áreas que conformarán o seu equipo de goberno, no caso de gañar as eleccións vascas, que terán lugar este outono ou a primavera do ano que vén. As consellarías de Interior e Xustiza pasarán a ser Liberdades Cidadás, as competencias en Agricultura e Pesca serán xestionadas pola área de Soberanía Almentaria, e Xustiza Social ocuparase das cuestións de Emprego, Vivenda e Asuntos Sociais. Hai uns días presentou a Laura Mintegi como candidata a Lehendakari.
A abstención do PSOE impide rebaixar do 5% ao 3% dos votos o mínimo esixido para obter representación parlamentaria en Extremadura. Era unha iniciativa de IU e Coalición Extremeña, que contou co apoio do PP, pero que requiría unha maioría de tres quintos.
#consellodaxunta A Xunta activa o plan especial da Policía Autonómica, cun reforzo de 206 axentes, para a prevención e investigación dos incendios forestais