#consellodaxunta O Executivo regulamenta a creación do Consello Galego de Mulleres, que se reunirá, "como mínimo, dúas veces ao ano".
Fálase
#consellodaxunta O Goberno galego prepara un plan de aparcadoiros disuasorios nos accesos das cidades
Euskal Herria Bildu presentará este domingo nun acto público as persoas e áreas que conformarán o seu equipo de goberno, no caso de gañar as eleccións vascas, que terán lugar este outono ou a primavera do ano que vén. As consellarías de Interior e Xustiza pasarán a ser Liberdades Cidadás, as competencias en Agricultura e Pesca serán xestionadas pola área de Soberanía Almentaria, e Xustiza Social ocuparase das cuestións de Emprego, Vivenda e Asuntos Sociais. Hai uns días presentou a Laura Mintegi como candidata a Lehendakari.
A abstención do PSOE impide rebaixar do 5% ao 3% dos votos o mínimo esixido para obter representación parlamentaria en Extremadura. Era unha iniciativa de IU e Coalición Extremeña, que contou co apoio do PP, pero que requiría unha maioría de tres quintos.
#consellodaxunta A Xunta activa o plan especial da Policía Autonómica, cun reforzo de 206 axentes, para a prevención e investigación dos incendios forestais
Para cando a próxima botadura? Os traballadores do naval de Ferrol concentráronse na entrega do último barco para a armada australiana, e apuparon as autoridades presentes no acto ante o horizonte que se abre agora, sen novos encargos confirmados.
+Vilaweb, a campaña de subscricións do xornal dixital catalán, fai hoxe un ano con 1.800 asinantes, e lanza unha nova campaña para recoller apoios. Para participar nesta comunidade de lectores, que se reúne anualmente, pódense facer achegas de entre 60 e 500 euros ao ano. A a partir de agora de 15 euros ao ano, para os menores de 25 anos.
Catro mossos ingresarán en prisión por torturas por vez primeira. Están acusados de causar lesións a un cidadán rumano que detiveron por erro en 2006, e dun trato "cruel en exceso, brutal e salvaxe". Os policías están condenados a dous anos de cadea.
Hoxe fan 50 anos da independencia de Alxeria. Le Monde preparou un especial interactivo para informar da efeméride.
A Comisión creada no Parlamento xaponés para investigar a catástrofe da central nuclear de Fukushima finaliza o seu informe, no que afirma que o accidente se debeu a numerosos erros humanos, de acción e supervisión, por parte da empresa Tepco e do Goberno.