O incremento da demanda de quinoa -un cereal cun alto contido en proteinas incluido nas dietas veganas- en Europa e os Estados Unidos está aumentando o seu prezo en orixe, o que dificulta que os labregos peruanos o poidan adquirir
O incremento da demanda de quinoa -un cereal cun alto contido en proteinas incluido nas dietas veganas- en Europa e os Estados Unidos está aumentando o seu prezo en orixe, o que dificulta que os labregos peruanos o poidan adquirir
Sindicatos e Novagalicia reúnense de novo este luns para negociar o ERE coas posturas moi afastadas. A xuntanza coincide co inicio dos paros parciais en protesta polo plan de reestruturación.
Unha masiva marcha ciclista no Morrazo lembrou a Cristóbal Hermida Freire, presidente do Club de Ciclismo de Bueu que faleceu atropelado por un camión o pasado 3 de xaneiro na autovía de Marín, e reclamou que os condutores respecten a distancia legal do metro e medio á hora de adiantar os ciclistas. Na marcha participaron Óscar Pereiro, Marcos Serrano, Ezequiel Mosquera ou Álvaro Pino.
As dificultades para vender Novagalicia Banco ameazan o déficit do Estado. O atraso na poxa de NGB e Catalunya Banc pode obrigar a España a computar déficit, segundo conta La Información.
Case sete de cada dez cataláns están a favor de que se celebre en 2014 unha consulta de autodeterminación segundo unha sondaxe que hoxe publica El Periódico.
A esquerda alemá derrota a Merkel nas eleccións de Baixa Saxonia. Socialdemócratas e verdes vencen por un escano a democristiáns e liberais
O exdiputado do PP Jorge Trías Sagnier admite nun artigo en El Pais os sobresoldos e que había unha contabilidade B
Os estudantes que dende o pasado xoves levan a cabo un peche na Facultade de Historia da USC veñen de facer público un manifesto no que denuncian a situacion da Universidade de Santiago, "menos democrática, máis elitista e con menos autonomia e peores servizos"
En fútbol sala, o Santiago Futsal venceu 2-1 ao Gáldar, o Burela empatou en Puertollano 1-1 e o Azkar Lugo foi goleado 1-7 por El Pozo
Na Terceira galega o Rácing de Ferrol e o Celta B gañaron os seus partidos e encabezan a clasificación por diante de Compostela, Depor B e Pontevedra
Deportivo B 2-0 Barbadás
Dorneda 2-0 Compostela
Racing Vilalbés 2-0 Céltiga
Betanzos 0-1 Bergantiños
Cerceda 2-0 Narón
Vilalonga 1-1 Ordes
Alondras 0-1 Pontevedra
Somozas 2-0 Negreira
Rápido de Bouzas 1-4 Celta B
Racing de Ferrol 2-1 As Pontes