As principais cidades galegas acollen a esta hora mobilizacións contra a Lei Wert. Na imaxe de @xsglugo, a de Lugo
As principais cidades galegas acollen a esta hora mobilizacións contra a Lei Wert. Na imaxe de @xsglugo, a de Lugo
A esta hora celébrase unha concentración cidadá ante a sede central do PP en Madrid para esixir responsabilidades polo suposto caso de financiamento irregular. Pódese seguir en directo nesta ligazón
Estanse convocando polas redes sociais cazolazadas e concentracións ás oito da tarde ante as sedes do PP en toda España. En Galicia hai convocatorias, cando menos, en Vigo, A Coruña, Ourense e Compostela.
A páxina de Facebook do PP énchese de sobres.
#lospapelesdebárcenas El Diario recompila os nomes de empresarios que figuran na suposta contabilidade secreta do PP
Un xulgado do Porriño admite a trámite unha querela contra o alcalde por presunta prevaricación. A denuncia fai referencia a dous traballadores que presuntamente facturan ao Concello e cuxos servizos de asesoría non se contrataron seguindo os cauces legais.
MEGA suma xa 50 millóns de arquivos en tan só dúas semanas de actividade e deles, tan só un 0,001% foron eliminados por infrinxir o copyright.
Business Insider amosa os escritorios e despachos de 39 famosos e famosas, dende Arianna Huffington a Richard Branson, pasando polo CEO de varias empresas.
Compostela acollerá unha liquidación de 17.000 libros do Consorcio Editorial -participado por Baía Edicións, Sotelo Blanco Edicións e a extinta A Nosa Terra- entre o 1 e o 17 de febreiro. Será en Área Central e os libros poranse á venda en lotes de 2 libros por 5 euros e 5 por 10 euros.
As autoridades sanitarias de Portugal valoran restrinxir a venda de alcol para previr suicidios. Cóntao o Diário Público