Alumnado distinguido pola USC polas súas boas notas na selectividade acode recoller o galardón con camisolas contra a 'lei Wert'
Fálase
O primeiro ministro portugués, Pedro Passos Coelho, reúnese esta tarde co líder do CDS-PP, Paulo Portas, que fixo estourar unha importante crise política no país ao dimitir como ministro de Estado e poñer en risco a maioría do PSD. Cóntao o xornal Público.
A Gentalha do Pichel está a realizar unha campaña de crowdfunding para realizar obras no seu centro social que lle permitan continuar coas súas actividades. O colectivo procura 6.000 euros e é posible colaborar a través de Verkami
O presidente do Parlamento europeo, o socialista Martin Schulz, amósase convencido de que o plan de emprego xuvenil que prepara a UE non vai servir para solucionar o problema do desemprego entre a mocidade. En El Diario
Pachi Vázquez amosa o seu apoio á proposta de reforma constitucional formulada polo PSOE. Nun acto de partido en Granada o líder do PSdeG asegura que o seu partido propugna a "igualdade" da cidadanía e o "máximo teito competencial" para Galicia.
A Xunta e os polbeiros chegan a un acordo para que o sector poida regresar ao mar. Segundo o Goberno galego, tras varios días rematou por imperar "o sentido común".
O BNG "non dá por pechada" a comisión de investigación das caixas de aforro. Os nacionalistas Francisco Jorquera e Carme Adán reclaman que acudan ao Parlamento Marta Fernández Currás, Miguel Ángel Fernández Ordóñez e Joaquín Almunia e que o Goberno central paralice a venda de Novagalicia Banco.
O Concello de Pamplona atrasa o inicio do San Fermín pola presenza dunha ikurriña de grandes dimensións na praza na que se celebra o acto. En Naiz.
O Concello de Pamplona atrasa o inicio do San Fermín pola presenza dunha ikurriña de grandes dimensións na praza na que se celebra o acto. En Naiz.
A Universidade de Girona aproba non convidar ningún membro da familia real aos seus actos. Foi unha iniciativa que saíu adiante no claustro da institución académica a proposta do persoal de administración e servizos. En El Triangle