O presidente do Parlamento europeo, o socialista Martin Schulz, amósase convencido de que o plan de emprego xuvenil que prepara a UE non vai servir para solucionar o problema do desemprego entre a mocidade. En El Diario
Fálase
Pachi Vázquez amosa o seu apoio á proposta de reforma constitucional formulada polo PSOE. Nun acto de partido en Granada o líder do PSdeG asegura que o seu partido propugna a "igualdade" da cidadanía e o "máximo teito competencial" para Galicia.
A Xunta e os polbeiros chegan a un acordo para que o sector poida regresar ao mar. Segundo o Goberno galego, tras varios días rematou por imperar "o sentido común".
O BNG "non dá por pechada" a comisión de investigación das caixas de aforro. Os nacionalistas Francisco Jorquera e Carme Adán reclaman que acudan ao Parlamento Marta Fernández Currás, Miguel Ángel Fernández Ordóñez e Joaquín Almunia e que o Goberno central paralice a venda de Novagalicia Banco.
O Concello de Pamplona atrasa o inicio do San Fermín pola presenza dunha ikurriña de grandes dimensións na praza na que se celebra o acto. En Naiz.
O Concello de Pamplona atrasa o inicio do San Fermín pola presenza dunha ikurriña de grandes dimensións na praza na que se celebra o acto. En Naiz.
A Universidade de Girona aproba non convidar ningún membro da familia real aos seus actos. Foi unha iniciativa que saíu adiante no claustro da institución académica a proposta do persoal de administración e servizos. En El Triangle
A Xunta dá por extinguido o incendio que arrasou unhas 35 hectáreas en Cabreiroá (Verín). Como acontece dende 2009 o Goberno galego non ofrece información do total de lumes que afectan ao país e polo xeral só informa a posteriori, cando xa están apagados. #seveslume085
Galiza Contrainfo denuncia que un dos seus xornalistas foi "ameazado" por antidisturbios da Policía Nacional mentres cubría unha protesta contra desafiuzamentos na Coruña.
O Goberno central aprobará a súa reforma local o vindeiro día 19 malia á oposición de alcaldes e alcaldesas. Cóntao Faro de Vigo