A Xunta dá por extinguido o incendio que arrasou unhas 35 hectáreas en Cabreiroá (Verín). Como acontece dende 2009 o Goberno galego non ofrece información do total de lumes que afectan ao país e polo xeral só informa a posteriori, cando xa están apagados. #seveslume085
Fálase
Galiza Contrainfo denuncia que un dos seus xornalistas foi "ameazado" por antidisturbios da Policía Nacional mentres cubría unha protesta contra desafiuzamentos na Coruña.
O Goberno central aprobará a súa reforma local o vindeiro día 19 malia á oposición de alcaldes e alcaldesas. Cóntao Faro de Vigo
A Subdelegación do Goberno central en Pontevedra comeza a multar persoas afectadas polas preferentes por participaren en tres actos distintos de protesta. Cóntao El País.
Agadic elixe a Dolores Meijomín como nova coordinadora de política audiovisual. Meijomín xa traballaba en Agadic e, "nos últimos anos", "desenvolveu a súa traxectoria" na Secretaría Xeral de Comunicación e na Secretaría Xeral de Medios do Goberno galego.
O TSJA ordena deter o líder do Sindicato Andaluz de Trabajadores, Diego Cañamero por non declarar como imputado na ocupación da finca de Las Turquillas.
Ángel Currás espera que se arquive a causa pola denuncia do policía local por "inconsistencia" e "falta de fundamento".
Núñez Feijóo comezou xa a súa intervención na comisión das caixas no Parlamento. Pódese seguir aquí.
O Supremo obriga a Amancio Ortega a pagar 33 millóns de euros máis en impostos. O tribunal desestimou o último recurso do empresario, que xa fora obrigado a regularizar fiscalmente a súa sociedade.
Adif ralentiza as obras do AVE galego e pecha túneles sen rematar na provincia de Ourense, segundo conta La Región