O TSJA ordena deter o líder do Sindicato Andaluz de Trabajadores, Diego Cañamero por non declarar como imputado na ocupación da finca de Las Turquillas.
Fálase
Ángel Currás espera que se arquive a causa pola denuncia do policía local por "inconsistencia" e "falta de fundamento".
Núñez Feijóo comezou xa a súa intervención na comisión das caixas no Parlamento. Pódese seguir aquí.
O Supremo obriga a Amancio Ortega a pagar 33 millóns de euros máis en impostos. O tribunal desestimou o último recurso do empresario, que xa fora obrigado a regularizar fiscalmente a súa sociedade.
Adif ralentiza as obras do AVE galego e pecha túneles sen rematar na provincia de Ourense, segundo conta La Región
Boa parte de Galicia está hoxe en alerta amarela ou laranxa polas altas temperaturas, segundo informa Meteogalicia. Na metade sur do país o risco de incendios é alto, moi alto ou extremo, segundo as comarcas.
A Federación exixe ao Compostela un aval de 400.000 euros antes do vindeiro martes e pon a SD en risco de desaparición.
Nelson Mandela, en estado vexetativo permanente. Os médicos aconsellan á familia desconectalo da máquina que o mantén con vida.
AGE pide a convocatoria da Xunta de Portavoces do Parlamento para condenar a "aldraxe" sufrida onte polo presidente de Bolivia
Partidarios da mina de Corcoesto maniféstanse ante o Parlamento nunha concentración que cualifican de "multitudinaria".