O Supremo obriga a Amancio Ortega a pagar 33 millóns de euros máis en impostos. O tribunal desestimou o último recurso do empresario, que xa fora obrigado a regularizar fiscalmente a súa sociedade.
Fálase
Adif ralentiza as obras do AVE galego e pecha túneles sen rematar na provincia de Ourense, segundo conta La Región
Boa parte de Galicia está hoxe en alerta amarela ou laranxa polas altas temperaturas, segundo informa Meteogalicia. Na metade sur do país o risco de incendios é alto, moi alto ou extremo, segundo as comarcas.
A Federación exixe ao Compostela un aval de 400.000 euros antes do vindeiro martes e pon a SD en risco de desaparición.
Nelson Mandela, en estado vexetativo permanente. Os médicos aconsellan á familia desconectalo da máquina que o mantén con vida.
AGE pide a convocatoria da Xunta de Portavoces do Parlamento para condenar a "aldraxe" sufrida onte polo presidente de Bolivia
Partidarios da mina de Corcoesto maniféstanse ante o Parlamento nunha concentración que cualifican de "multitudinaria".
Os bispos galegos deciden pechar Popular TV Galicia. A canle da Igrexa católica era beneficiaria dunha das dúas concesións de televisión autonómica concedidas pola Xunta de Fraga en funcións. O cesamento de emisións, o 31 de xullo, deixará na rúa unha vintena de traballadores e traballadoras.
#consellodaxunta A Xunta achégalle 2,3 millóns de euros ao Concello de Santiago polos gastos derivados da súa condición de capital, como marca a Lei de Capitalidade
#consellodaxunta Feijóo asegura que a Xunta xa cumpre "oito de cada dez" das recomendacións que está a pór en marcha o Goberno central para "racionalizar" as administracións públicas.