Nelson Mandela, en estado vexetativo permanente. Os médicos aconsellan á familia desconectalo da máquina que o mantén con vida.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/51d59e35accc1-1372956381374mandela-detdn.jpg)
Nelson Mandela, en estado vexetativo permanente. Os médicos aconsellan á familia desconectalo da máquina que o mantén con vida.
AGE pide a convocatoria da Xunta de Portavoces do Parlamento para condenar a "aldraxe" sufrida onte polo presidente de Bolivia
Partidarios da mina de Corcoesto maniféstanse ante o Parlamento nunha concentración que cualifican de "multitudinaria".
Os bispos galegos deciden pechar Popular TV Galicia. A canle da Igrexa católica era beneficiaria dunha das dúas concesións de televisión autonómica concedidas pola Xunta de Fraga en funcións. O cesamento de emisións, o 31 de xullo, deixará na rúa unha vintena de traballadores e traballadoras.
#consellodaxunta A Xunta achégalle 2,3 millóns de euros ao Concello de Santiago polos gastos derivados da súa condición de capital, como marca a Lei de Capitalidade
#consellodaxunta Feijóo asegura que a Xunta xa cumpre "oito de cada dez" das recomendacións que está a pór en marcha o Goberno central para "racionalizar" as administracións públicas.
#consellodaxunta A Xunta revisa "á baixa" a orde que serve de referencia para coñecer o prezo das vivendas a efectos fiscais.
O Goberno galego destina algo máis de 57.000 euros para mercar dous furgóns tipo 'grileira' para a unidade da Policía Nacional adscrita á Xunta, a coñecida como policía autonómica.
O alcalde de Santiago, Ángel Currás, proclama nunha entrevista na Cadena SER que "non podemos admitir" a paralización definitiva das obras da Cidade da Cultura
Traballadores da naval comezan as protestas en Vigo e presionan a Europa para que non confirme a devolución das axudas do tax lease. Na imaxe, operarios saíndo de Metalships, en Teis.