Traballadores da naval comezan as protestas en Vigo e presionan a Europa para que non confirme a devolución das axudas do tax lease. Na imaxe, operarios saíndo de Metalships, en Teis.

Traballadores da naval comezan as protestas en Vigo e presionan a Europa para que non confirme a devolución das axudas do tax lease. Na imaxe, operarios saíndo de Metalships, en Teis.
O CDS exixe máis poder para continuar no Goberno portugués, que busca unha solución á crise política tras a dimisión de Paulo Portas.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, proclama que "Vigo está no século XXI e A Coruña e Santiago, no XV". Nunha entrevista en Galicia Confidencial.
As protestas do persoal de T-Solar, pechado indefinidamente na fábrica, conseguen frear o cesamento definitivo de actividades da empresa, que agarda por investidores. Cóntao Radio Ourense
A Fiscalía imputa o ex alcalde de Ribadumia, Nené Barral (ex PP), por branqueo de cartos supostamente procedentes do contrabando.
Representantes das persoas afectadas polas preferentes comparecen hoxe na comisión de investigación das caixas
O Goberno central pon á venda 260 inmobles en Galicia para aumentar os seus ingresos. Cóntao Faro de Vigo
O Exército toma o poder en Exipto tras abolir a Constitución, disolver o Parlamento e destituír ao presidente Morsi, quen finalmente non se dobregou ante o ultimátum dos militares. Moitos activistas xa advertiran aos medios estranxeiros que "Anti-Morsi non ten por qué significar prorevolución militar"
Traballadores do naval de Vigo manifestaranse mañá desde as 10 horas na cidade e seguirán presionando para evitar que a UE obrigue o sector a devolver as axudas do tax lease.
Os deputados de AGE Juan Fajardo e Antón Sánchez recibiron hoxe no Parlamento a Óscar Sánchez e José Antonio Fernández, de Herrira, grupo "de apoio a presos vascos". Segundo o PP, para Alternativa "o problema máis importante é onde pasan a noite os presos de ETA" e non o paro, en verbas de Paula Prado.