A Fiscalía imputa o ex alcalde de Ribadumia, Nené Barral (ex PP), por branqueo de cartos supostamente procedentes do contrabando.
Fálase
Representantes das persoas afectadas polas preferentes comparecen hoxe na comisión de investigación das caixas
O Goberno central pon á venda 260 inmobles en Galicia para aumentar os seus ingresos. Cóntao Faro de Vigo
O Exército toma o poder en Exipto tras abolir a Constitución, disolver o Parlamento e destituír ao presidente Morsi, quen finalmente non se dobregou ante o ultimátum dos militares. Moitos activistas xa advertiran aos medios estranxeiros que "Anti-Morsi non ten por qué significar prorevolución militar"
Traballadores do naval de Vigo manifestaranse mañá desde as 10 horas na cidade e seguirán presionando para evitar que a UE obrigue o sector a devolver as axudas do tax lease.
Os deputados de AGE Juan Fajardo e Antón Sánchez recibiron hoxe no Parlamento a Óscar Sánchez e José Antonio Fernández, de Herrira, grupo "de apoio a presos vascos". Segundo o PP, para Alternativa "o problema máis importante é onde pasan a noite os presos de ETA" e non o paro, en verbas de Paula Prado.
Ex dirixentes da obra social piden que a devolución das indemnizacións vaian ao patrimonio das caixas para destinala á supervivencia dos fins sociais.
O PSdeG négase a facer "ningunha apreciación" na comparecencia do ex alcalde socialista de Vigo, Carlos Príncipe na comisión de investigación das caixas. O aliñamento público de Príncipe coas posicións do PP e as críticas contra o seu partido suscitaron que o PSOE propuxese a súa expulsión en abril de 2012.
A voceira do PPdeG, Paula Prado, teoriza que a decisión do tax lease é unha "vinganza" de Joaquín Almunia "contra un país que non o escolleu para ostentar a Presidencia do Goberno de España" no ano 2000.
O Goberno central xustifica, en resposta a Amaiur, que Franco estea incluído na sección Héroes de España dun museo militar de Toledo. En Naiz