A voceira do PPdeG, Paula Prado, teoriza que a decisión do tax lease é unha "vinganza" de Joaquín Almunia "contra un país que non o escolleu para ostentar a Presidencia do Goberno de España" no ano 2000.

A voceira do PPdeG, Paula Prado, teoriza que a decisión do tax lease é unha "vinganza" de Joaquín Almunia "contra un país que non o escolleu para ostentar a Presidencia do Goberno de España" no ano 2000.
O Goberno central xustifica, en resposta a Amaiur, que Franco estea incluído na sección Héroes de España dun museo militar de Toledo. En Naiz
Pablo Crespo ameaza con "dar nomes e achegar probas" de dirixentes do PPdeG. "Algúns dan boa imaxe pública, pero manteñen vicios privados", advirte nunha entrevista no Faro de Vigo.
David Devesa, un conselleiro do PP en Benidorm, dimite "aterrado pola corrupción" e "defraudado" coa política de recortes do Goberno de Mariano Rajoy.
O ministro de Exteriores de Ecuador asegura que o Goberno de España "pretendeu" revisar o avión de Evo Morales antes de decidir se o autoriza a sobrevoar territorio español
O DOG publica hoxe a nova Lei do Sistema Universitario de Galicia
O presidente de Bolivia, Evo Morales, aterriza de emerxencia en Austria tras ter que desviar o seu voo pola negativa de varios países europeos, entre eles España, a autorizar a aterraxe. Xustificárono coa sospeita de que traslada a Edward Snowden.
A futura Lei de Espectáculos que prepara a Xunta prevé ata 30.000 euros de multa no caso de "falta de respecto ou provocación intencionada do artista cara ao público con risco de alterar a orde", segundo o anteproxecto que adianta La Voz
O Goberno central decide adiar a súa polémica reforma da lei do aborto, segundo informou a vicepresidenta Sáenz de Santamaría a un grupo de xornalistas no Congreso. Recólleo Galiciaé
Persoal da factoría ourensá de T-Solar inicia un peche indefinido na propia fábrica ata que haxa unha "solución" para a continuidade da actividade e do persoal. En La Región