Avanza o reconto no referendo sobre a eliminación do Senado irlandés. Dublín semella decantarse por mantelo, mentres que os primeiros resultados das zonas rurais se decantan pola abolición. No Irish Times.
Fálase
A veciñanza do Morrazo saíu de novo á rúa para apoiar a frota cefalopodeira. A CIG recolle algúns momentos da manifestación neste vídeo.
A veciñanza do Morrazo saíu de novo á rúa para apoiar a frota cefalopodeira. A CIG recolle algúns momentos da manifestación neste vídeo.
Esta mañá afectados polas preferentes de toda Galicia maniféstanse en Lugo para esixir a devolución dos seus aforros. A protesta cadra co día grande das festas do San Froilán. (foto: @AntonBaoLugo)
O grupo LGTB do PSdeG, 7 Cores, celebra este sábado o seu quinto xantar rural pola visibilidade en Silleda. No seu blog detallan o programa de actos.
O BNG celebra hoxe unha xornada sobre Impacto e alternativas no sector da minaría. Os actos desenvólvense n'A Nave de Vidán, en Compostela.
O diario da Universidade de Vigo recolle as reflexións do avogado Pedro Apalategui sobre o dereito á información e a actuación dos medios de comunicación nos "xuízos paralelos".
O ex xeneral da Garda Civil Enrique Rodríguez Galindo, en liberdade provisional tras cumprir pouco máis de 4 anos de prisión. Foi condeado a 75 anos de cadea polo asasinato de Lasa e Zabala.
Os docentes de Mallorca suspenden temporalmente a súa folga indefinida. Os do resto de Balears valorarán hoxe a decisión en asemblea. Cóntao El Diario.
O Banco de España asegura agora que será o Goberno central quen decida a entidade que queda con Novagalicia Banco. En Faro de Vigo.