Os docentes de Mallorca suspenden temporalmente a súa folga indefinida. Os do resto de Balears valorarán hoxe a decisión en asemblea. Cóntao El Diario.
Fálase
O Banco de España asegura agora que será o Goberno central quen decida a entidade que queda con Novagalicia Banco. En Faro de Vigo.
Cargos do PP beneficiáronse das obras de Baltar denunciadas por Bruxelas. Cóntao El País.
Hoxe comezan as festas de San Froilán en Lugo, co concerto de Heredeiros da Crus como primeiro atractivo do programa. Esta tarde desenvólvese tamén na cidade o Festival de Noso, que vai xa pola súa terceira edición.
Sáenz de Santamaría abre a porta a modificar a Lei do Tabaco para permitir fumar nalgúns lugares de Eurovegas, o complexo de casinos que está previsto construír en Madrid. En El Diario
Hoxe fai un ano a sección de Galicia de El Diario, elaborada polo equipo de Praza Pública
Un lóstrego destrúe unhas 500 lápidas e nichos do cemiterio de Quins, en Melón, segundo recolle Faro de Vigo.
A Junta de Castilla-La Mancha, que dirixe Dolores de Cospedal, concédelle unha hora e media de permiso ao persoal da Consellería de Agricultura para asistir a unha misa. Cóntao Público.es
Máis de oito mil persoas morreron nas costas de Lampedusa dende 1990, tentando chegar a Europa. Esta reportaxe de El Diario destaca que "o drama da illa italiana non é novo"
O Concello de Santiago terá que pagar 1.000 euros tras recorrer a denuncia da CIG por impedirlle pasar a megafonía da manifestación do 1 de maio.