Un lóstrego destrúe unhas 500 lápidas e nichos do cemiterio de Quins, en Melón, segundo recolle Faro de Vigo.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/524eb9483fad9-cementerio-melon.jpg)
Un lóstrego destrúe unhas 500 lápidas e nichos do cemiterio de Quins, en Melón, segundo recolle Faro de Vigo.
A Junta de Castilla-La Mancha, que dirixe Dolores de Cospedal, concédelle unha hora e media de permiso ao persoal da Consellería de Agricultura para asistir a unha misa. Cóntao Público.es
Máis de oito mil persoas morreron nas costas de Lampedusa dende 1990, tentando chegar a Europa. Esta reportaxe de El Diario destaca que "o drama da illa italiana non é novo"
O Concello de Santiago terá que pagar 1.000 euros tras recorrer a denuncia da CIG por impedirlle pasar a megafonía da manifestación do 1 de maio.
O Concello de Riotorto asume o custo dos fármacos hospitalarios aos que lles afecta o novo copagamento. O alcalde, Federico Gutiérrez (BNG), subliña que "ningún veciño debe quedar sen tratamento por cartos". En El País.
Vigo acollerá o vindeiro 16 de outubro a presentación en Galicia do mensual La Marea, posto en marcha pola cooperativa de traballadores MásPúblico. Será ás 19.30 no Centro Cívico do Casco Vello de Vigo
CC.OO. e UGT convocan concentracións en toda Galicia para o 7 de outubro "en defensa do traballo decente"
La Marea desvela o caso dun senador de Coalición Canaria ao que lle tocou a lotería 145 veces e que estivo 28 meses sen sacar cartos do banco.
Feijóo bate récords na aprobación no Consello da Xunta de acordos sen transcendencia xurídica nin legal e con valor unicamente propagandístico. Recólleo El País
A Universidade de Vigo mantense entre as 400 mellores do mundo, na lista que todos os anos elabora The Times. É a única galega e unha das oito españolas nesta clasificación, grazas ao impacto das publicacións e á súa transferencia de coñecemento.