CC.OO. e UGT convocan concentracións en toda Galicia para o 7 de outubro "en defensa do traballo decente"
Fálase
La Marea desvela o caso dun senador de Coalición Canaria ao que lle tocou a lotería 145 veces e que estivo 28 meses sen sacar cartos do banco.
Feijóo bate récords na aprobación no Consello da Xunta de acordos sen transcendencia xurídica nin legal e con valor unicamente propagandístico. Recólleo El País
A Universidade de Vigo mantense entre as 400 mellores do mundo, na lista que todos os anos elabora The Times. É a única galega e unha das oito españolas nesta clasificación, grazas ao impacto das publicacións e á súa transferencia de coñecemento.
David Peón analiza en El Diario o crecemento incontrolado da débeda. Afirma que a pesar da diminución da prima de risco, "a combinación de deflación e decrecemento está resultando letal"
José Manuel Soria nomea un bolseiro do Goberno canario como director do Observatorio das Telecomunicacións
Os irlandeses deben decidir hoxe se suprimen o Senado do país, con apenas poderes e que lle custa ao Estado uns 20 millóns de euros ao ano
Máis de 200 mortos e 150 desaparecidos no incendio dun barco con inmigrantes en Lampedusa. As vítimas son somalíes e eritreos que fuxían da fame e a guerra e varios pesqueros negáronlles axuda
Francia aproba unha lei contra Amazon, para prohibir que a empresa engada o envío gratuito a un desconto anterior.
Dous profesores da Universidade de Belgrado publican un artigo ficticio para denunciar a falta de control e rigor das publicacións académicas. O texto, “Avaliación da heurística hermenéutica transformadora para o procesamento de datos ao azar” contiña referencias a unha suposta bolsa Jeremy, Weber e Jackson, en referencia ao actor porno Ron Jeremy, o filósofo Max Weber e Michael Jackson.