A Universidade de Vigo mantense entre as 400 mellores do mundo, na lista que todos os anos elabora The Times. É a única galega e unha das oito españolas nesta clasificación, grazas ao impacto das publicacións e á súa transferencia de coñecemento.
Fálase
David Peón analiza en El Diario o crecemento incontrolado da débeda. Afirma que a pesar da diminución da prima de risco, "a combinación de deflación e decrecemento está resultando letal"
José Manuel Soria nomea un bolseiro do Goberno canario como director do Observatorio das Telecomunicacións
Os irlandeses deben decidir hoxe se suprimen o Senado do país, con apenas poderes e que lle custa ao Estado uns 20 millóns de euros ao ano
Máis de 200 mortos e 150 desaparecidos no incendio dun barco con inmigrantes en Lampedusa. As vítimas son somalíes e eritreos que fuxían da fame e a guerra e varios pesqueros negáronlles axuda
Francia aproba unha lei contra Amazon, para prohibir que a empresa engada o envío gratuito a un desconto anterior.
Dous profesores da Universidade de Belgrado publican un artigo ficticio para denunciar a falta de control e rigor das publicacións académicas. O texto, “Avaliación da heurística hermenéutica transformadora para o procesamento de datos ao azar” contiña referencias a unha suposta bolsa Jeremy, Weber e Jackson, en referencia ao actor porno Ron Jeremy, o filósofo Max Weber e Michael Jackson.
Currás admite un erro de 10.000 millóns no proxecto de Orzamentos Xerais do Estado. A secretaria de Orzamentos do Ministerio de Facenda recoñece que o seu departamento se trabucou ao reflectir a previsión do peso da débeda pública sobre o PIB. En El País
Feijóo revela que Conde Roa pediu a baixa no PP tras a sentenza que o condena por fraude fiscal. O presidente da Xunta valora a "coherencia" do ex alcalde de Santiago.
O informe do Congreso sobre conciliación da vida laboral e familiar inclúe un parágrafo machista, denunciado por PSOE e Izquierda Plural: "a maior implicación materna no apoio escolar de fillos e fillas pode estar incidindo no maior índice de fracaso escolar masculino, tendo en conta a inexistencia de modelos paternos"